Acto de confraternización de enxeñeiros San Teleko XL

Acto de confraternización de enxeñeiros San Teleko XL

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, están a preparar xunto coa Escola de Enxeñería de Telecomunicación o evento San Teleko XL para o próximo 24 de outubro, un encontro entre compañeiros destinado á confraternización dos enxeñeiros de telecomunicación de Galicia. Será un evento aberto ás familias, con actividades pensadas para todos que concluirá cun xantar na propia Escola.

Programa San teleko XL

O COETG patrocinará o evento subvencionando a inscrición dos colexiados e asociados en Galicia. Para inscribirte ao evento, envía un correo electrónico a agua@aguademayomarketing.com indicando nome completo, teléfono, mail, número de colexiado, ano de comezo de estudos e número de asistentes. Se vés con nenos, indica as idades e os nomes. A data tope para inscribirse é o 16 de outubro ás 12 horas. A partir de dita data non se subvencionará a inscrición.

A porcentaxe subvencionada a cada persoa irá en función do número de colexiados inscritos ao evento. Con independencia da necesidade de inscribirse até o día 16 de outubro, o pago que corresponda, se o houbese, realizarase en todo caso a partir da devantita data para o que se remitirá un mail informativo a todos os colexiados inscritos.

Menú adulto e infantil