A AETG imparte as xornadas "Non tolees coa Wifi" en base ao convenio asinado coa Amtega

A AETG imparte as xornadas "Non tolees coa Wifi" en base ao convenio asinado coa Amtega

Baixo o título “Non tolees coa wifi” dende a AETG organizamos a través do convenio asinado coa Amtega, as xornadas para informar sobre os servizos de internet dispoñibles no mercado. Estas xornadas terán lugar durante o mes de outubro en diferentes centros CEMIT das 4 provincias galegas ás que se poderá asistir de forma presencial e serán retransmitidas tamén noutras aulas da rede CeMIT por videoconferencia. Están dirixidas aos axentes TIC, persoal municipal e incluso aos cidadáns interesados en resolver as dúbidas sobre contratación de internet.

Celebraranse presencialmente nas aulas CeMIT de Marín, Oroso, Celanova e Sarria e poderanse seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia segundo o seguinte calendario:

  • Luns día 1 de outubro de 12:00 a 14:00 horas: presencialmente na aula de Marín e por videoconferencia en Ribadeo, Padrón, Carballedo e San Sadurniño
  • Xoves día 4 de outubro de 12:00 a 14:00 horas: presencialmente na aula de Oroso e por videoconferencia en Leiro, Valga e Cerceda
  • Martes día 9 de outubro de 17:00 a 19:00 horas: presencialmente na aula de Celanova e por videoconferencia en Ortigueira e Guitiriz
  • Mércores día 10 de outubro de 17:00 a 19:00 horas: presencialmente na aula de Sarria e por videoconferencia en O Vicedo

As inscricións pódense formalizar, de xeito gratuíto, nas propias aulas habilitadas, enviando un correo a cemit@xunta.gal ou a través da web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal/es/node/7394

O contido das xornadas, que terán unha duración aproximada de dúas horas e serán impartidas polo enxeñeiro de telecomunicación Javier Fernández Fraga, estará baseado en conceptos tales como as tecnoloxías de acceso á internet dispoñibles no mercado, as conexións precisas para os distintos usos de internet, as redes e operadores presentes en Galicia, os canais dispoñibles para reclamacións e os organismos competentes neste ámbito e normativa existente.