Celébranse os LPRO Days na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo
O venres 29 de abril celébrase a terceira edición dos LPRO Days na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Trátase da presentación pública dos traballos feitos polo alumnado no marco da materia "Laboratorio de proxectos". Unha iniciativa que serve de escaparate para amosar as súas capacidades tanto tecnolóxicas como organizativas, o seu potencial ante os seus compañeiros de cursos anteriores, para dar a coñecer en que se transforma a formación que reciben e fonte de motivación e de que vexan algo real como resultado do traballo de enxeñaría.
Nesta edición preséntanse 19 proxectos realizados por un total de 106 alumnos tutorizados por 20 mestres. Cabe destacar que, algún dos proxectos presentado veñen de ser premiados en competicións externas como o programa de incubación de empresas INCUVI Emprende ou o Hack4Good da Fundación Telefónica, onde un dos grupos gañou o premio nacional.
Durante a xornada, que terá lugar de 10 a 13 horas no pasillo central da mesma escola, os asistentes interesados poderán compartir cos estudiantes e profesores a presentación dos proxectos realizados polos alumnos a través de paneis explicativos á vez que nalgúns casos á demostración práctica do seu funcionamento. Deste xeiro poderán coñecer proxectos como HANDYHAND, que desenvolveu unha mán robótica impresa en 3D; CYCLOPE, unha alarma para avisar de colisións por alcance no caso de vehículos vulnerables como bicicletas ou cadeiras de rodas; un botiquín electrónico ou un afinador automático de zanfoñas, entre outros.