Congreso FITCE 2015. Aberto o prazo de presentación de "call of papers"
A Federación de Enxeñeiros de Telecomunicación Europeos (FITCE) organiza este ano o seu 54º Congreso Internacional. Nesta nova edición terá lugar do día 3 ao 5 de setembro baixo o slogan "ICT for Smart Applications".
Os profesionais das telecomunicacións, enxeñeiros, investigadores e membros de FITCE daranse cita un ano máis neste foro, que terá lugar na cidade polaca de Wroclaw.
Actualmente encóntrase aberta a convocatoria de "call of papers", á que che animamos a participar.