Convocados os Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións
A Fundación Vodafone España ven de convocar unha nova edición dos seus Premios á Innovación en Telecomunicacións. Estes premios teñen como obxectivo o de apoiar a aparición de servizos innovadores, que poidan ter unha ampla repercusión na sociedade da Información, polo seu interese, novidade, accesibilidade para todos e que conten co soporte tecnolóxico das telecomunicacións.
Nesta edición, a X, outorgaranse catro premios, tres baixo o epígrafe “Premios Accesibilidade TIC” e un en “Premio Solución social TIC”
Dentro dos “Premios Accesibilidad TIC”, elexirase un gañador por cada categoría: sensorial, cognitiva e física, respectivamente.
E o “Premio Solución social TIC” recoñecerá aquel proxecto que presente a mellor solución de amplio impacto social que non sexa elexible nas categorías anteriores.
Cada un dos catro proxectos gañadores está dotado con 15.000 €, escultura conmemorativa, participación no Mobile World Congress 2017 e formación en emprendimento por parte do CDTI.