Galicia Open Future presenta a súa segunda edición nunha sesión en Santiago de Compostela

Galicia Open Future presenta a súa segunda edición nunha sesión en Santiago de Compostela

O vindeiro día 2 de xullo o equipo de Galicia Open Future presentará a iniciativa Telefónica Open Future e o seu programa de aceleración de startups en Galicia que dará comezo o próximo mes de setembro e que actualmente se atopa en fase de captación e selección dos 50 proxectos participantes.

Durante a mesma ademáis de dar a coñecer as principais características deste programa, beneficios para os participantes e metodoloxías de traballos, farase unha exposición dos casos exitosos da primeira edición do Galicia Open Future.

A sesión terá lugar nas instalacións do Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela e correrá a cargo da directora do programa Galicia Open Future de Telefónica, María del Carmen López e da directora de proxecto en Grupo Barrabés, Paloma Barreiro.

Máis información da sesión de presentación da II edición GOF.

Máis información da II edición GOF.