Nova Teleco Xuntanza o venres 25 de setembro en Santiago

TelecoXuntanza2026

Tralo éxito da edición de xaneiro repetimos a Teleco Xuntanza 2026, porque é o encontro de confraternización máis emotivo e desexado do ano, ao que asisten telecos de diferentes xeracións! 

Terá lugar o venres, 25 de setembro ás 19:00 horas, no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela. Podes asistir acompañado/a (*). 

Inscríbete aquí. Ampliado prazo de inscrición ata o 22 de setembro ás 12:00h.

Durante o evento, faremos entrega das insignias da profesión ás novas persoas asociadas que cumpren 25 anos de antigüidade na AETG e tamén ás homenaxeadas que non puideron asistir na convocatoria anterior. Trátase dun acto de recoñecemento público á traxectoria, compromiso e contribución continuada  e ao fortalecemento do colectivo profesional ao longo destes anos.

Ademais, como xa é tradición,  celebraremos o sorteo dunha invitación para dúas persoas para asistir á Noite Galega 2027, o encontro do sector das telecomunicacións en Galicia.

A Teleco Xuntanza é unha excelente oportunidade para reforzar o sentimento de pertenza, compartir experiencias e coñecer proxectos persoais e profesionais, así como para promover a colexiación

(*) Se desexas asistir acompañado/a dun #teleco non colexiado, podes contactar connosco para consultar as condicións de inscrición.