O COETG acompañou á primeira promoción do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación na súa graduación
O vicedecano do COETG, Miguel Merino Gil, acompañou e deu a benvida ao mundo profesional aos alumnos da 1ª promoción do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación nun acto que tivo lugar na tarde do venres 10 de xuño no salón de actos da Escola en Vigo.
A apertura do tradicional Acto de Graduación correu a cargo de D. Salustiano Mato, Reitor da Universidade de Vigo. Nel interviron o Director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Iñigo Cuiñas; o Director Xeral de Gradiat, Luis Pérez; o Presidente de INEO, Carlos Conde e a presidenta da Deputación, Carmela Silva. De todos recibiron verbas de ánimo, de ilusión e de apoio.
Cada alumno recibiu do seu padriño, Iñigo Cuinas o seu diploma e verbas de animos, consellos e apoio.
O peche do Acto levouno a cabo Salustiano Mato.