O COETG e a EET celebran o San Teleco XL
O sábado 24 máis de 100 telecos exalumnos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo participaron, xunto coas súas familias, nun encontro de cofraternización organizado conxuntamente entre a propia Escola e o COETG. O acto foi conducido por Íñigo Cuíñas, director da Escola e nel participaron varios membros da directiva do COETG/AETG e moitos colexiad@s/asociad@s.
O acto central levouse a cabo no salón de actos da Escola e nel participaron profesionais que no seu momento exerceron como delegados de alumnos. A xornada incluíu tamén un percorrido polas aulas e laboratorios para dar a coñecer o cambio tan importante que deu a Escola nestes anos.
Paralelo a estas actividades, casi medio cento de cativos, tanto de infantil como de primaria e secundaria, participaron nun programa de obradoiros adaptados segundo idades polo que puideron entreterse con actividades tecnolóxicas, nas que non faltou a electrónica, a robótica ou a música dixital.
A "volta ás aulas" rematou cun xantar na que participaron todos os asistentes.