Participa no sorteo de bolsas en formación con Galicia Business School

SorteoGBS2026

De interese para asociad@s/colexiad@s

En virtude do convenio de colaboración que mantemos coa escola de negocios Galicia Business School, lanzamos un sorteo de catro bolsas desconto do 40% aplicables aos másteres e programas directivos que oferta este centro como programas executive, de dirección, marketing dixital, dirección comercial, ventas, finanzas, RRHH ou operacións. Podes consultar todo o catálogo no enlace programas GBS.

Para participar no sorteo os asociad@s/colexiad@s interesados deberán realizar a súa inscrición a través do seguinte formulario que estará dispoñible ata o 11 de setembro. Finalizado este prazo comunicarase o fallo do sorteo ás catro persoas gañadoras.

Formulario de inscrición ao sorteo

Para resolver calquera dúbida sobre os programas formativos ou a mecánica do sorteo, podes contactar directamente con info@galiciabusinessschool.es ou no 886 317 146.