Xa está en marcha a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016. Gran Hotel de A Toxa, 30 de setembro

Reserva axenda porque xa estamos traballando na organización da XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), e que terá lugar o 30 de setembro no Gran Hotel de A Toxa.

Esta vixésima primeira edición xirará baixo o lema A transformación dixial. O desafío 4.0, slogan co cal pretendemos destacar a importancia da integración de sectores tan estratéxicos como o económico, servizos e industrial coa sociedade tecnolóxica, en aras dunha nova economía dixital e sustentable.

Como xa é tradición, no transcurso da Noite faremos entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016.

En breve facilitaremos información do programa do acto, fallo dos premios e procedemento de inscrición e todo o relativo a este evento no que estamos a traballar.