31 de marzo, data na que conclúe a liberación do Dividendo Dixital
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo lanzou recentemente unha nota de prensa lembrando a data do 31 de marzo como prazo definitivo para aquelas comunidades de veciños que aínda non realizaron a adaptación das súas antenas colectivas. A partires desta data, producirase en España a liberación da banda de 800 Mhz. coñecida como Dividendo Dixital, para permitir o despregue da tecnoloxía 4G por parte dos operadores de telefonía móbil. Isto suporá que as canles de televisión unicamente emitirán por frecuencias definitivas.
Por isto, aqueles edificios de tamaño mediano ou grande, os que utilizan antenas colectivas que posúen centraliñas programables ou amplificadores monocanle, que non realizaran a adaptación das súas antenas antes do 31 de marzo poden sofrer a perda dalgunha canle, que recuperarán cando a súa antena colectiva estea adaptada.
Para máis información accede ó seguinte enlace: http://www.televisiondigital.gob.es/Paginas/Index.aspx