Asistimos ao acto de graduación do alumnado de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo

Asistimos ao acto de graduación do alumnado de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo

O venres 2 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado do Grado e do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. En representación do Colexio e da Asociación asistiu o decano e presidente destas institucións, Julio Sánchez Agrelo, xunto con representantes do eido universitario coma o reitor da Universidade de Vigo, a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, a madriña da promoción do MET, o padriño do Grao e representantes do estudantado. Na gala tamén estiveron presentes o alcalde de Vigo, o decano/presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia, e representantes de empresas tecnolóxicas.

No seu discurso, o noso decano/presidente, dirixiu a súa atención aos principais protagonistas do acto, con palabras de ánimo e apoio para esta nova etapa que comezan, brindándose a axudarlles en todo o que necesiten desde o COETG e a AETG, na nova andaina profesional.

O acto tivo un carácter moi emotivo, especialmente durante a entrega de diplomas ao alumnado, presenciado polas súas familias, profesores e compañeiros durante todos estes anos.

Máis información