Celebramos o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2017 baixo o lema: "Big Data for Big Impact"

Celebramos o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2017 baixo o lema: "Big Data for Big Impact"

Image removed.

O 17 de maio celébrase o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e da Sociedade da Información. Este día, promovido pola Unión Internacional das Telecomunicacións (ITU), ten por obxecto aumentar a sensibilización sobre as posibilidades que a utilización da internet e outras tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) poden ofrecer ás sociedades e economías, así como posibilidades de reducir a fenda dixital, iniciativa que compartimos dende o COETG e a AETG.

Esta data correspóndese co aniversario da firma do primeiro Convenio Telegráfico Internacional e da creación da Unión Internacional de Telecomunicacións. Celébrase todos os 17 de maio dende 1969, para conmemorar a fundación da ITU e a firma do primeiro Convenio Telegráfico Internacional en 1865. O Secretario Xeral da ITU, Houlin Zhao, fai un chamamento á sociedade con motivo desta celebración, que se conmemora con diversos actos en todo o mundo baixo o lema "Big Data for Big Impact".

Discurso do Secretario Xeral da ITU

Máis información