Celebramos o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2018
O 17 de maio celébrase o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Este día, promovido pola Unión Internacional das Telecomunicacións (ITU), ten por obxecto aumentar a sensibilización sobre as posibilidades que a utilización da internet e outras tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) poden ofrecer ás sociedades e economías, así como posibilidades de reducir a fenda dixital, iniciativa que compartimos dende o COETG e a AETG.
Para conmemorar este día e contribuír ao fomento das TIC na nosa comunidade, ao longo do mes de maio, o COETG/AETG estará presente en diferentes actividades, entre as que destacan:
- Participación en GaliciaTIC. 24 de maio en Santiago de Compostela.
- Participación no DIC Galicia. 24 a 26 de maio en Ourense.
- Celebración da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. 1 de xuño en Vigo.
- Campionato CGES de Golf. 2 de xuño en Miño.