Celébrase o I Foro de Debate Profesional
De interese para colexiados
A Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) organiza os próximos 1, 2, 3 e 5 de xullo, o I Foro de Debate Profesional, no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
O obxectivo deste foro é impulsar o diálogo e a colaboración entre axentes públicos e privados necesaria para a identificación e resolución dos desafíos dixitais aos que se enfronta Galicia.
O enfoque do evento incorporará distintos grupos de debate en función da naturaleza dos desafíos a tratar. A estrutura das xornadas, datas e localizacións que terán lugar nas tres universidades galegas, podense consultar aquí
As inscricións realizaranse a través do correo edg2030@xunta.gal indicando o grupo de debate de interese e os datos de contacto.
Máis Información: EDG2030