Clausurada a XVI edición do Foro Tecnolóxico de Emprego
O venres 4 de marzo tivo lugar a clausura do Foro Tecnolóxico de Emprego. Empresas, centros de investigación e asociacións profesionais participaron desde evento que tivo lugar nas instalación da Universidade de Vigo e que organizan os alumnos das enxeñarías (Industriais, Telecomunicacións e Minas) para ter o seu primeiro contacto co mundo laboral. O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia tamén quiso estar presente, como todos os anos, e participou cun stand expositivo onde se facilitou información aos visitantes da actividade colexial e asociativa.
Os asistentes puideron visitar postos de demostracións e asistir a presentacións, obradoiros, conferencias e exposicións en cada un dos ditos centros. Foron tres días durante os que os futuros profesionais puideron establecer contacto firme con empresas e centros tecnolóxicos potencialmente “contratadoras/es”.