"Cómo monetizar la identidad digital" nova tribuna do COETG en La Voz de Galicia
Onte día 16 de febreiro publicamos na sección Mercados de La Voz de Galicia, un novo artigo de carácter divulgativo, escrito nesta ocasión polo enxeñeiro de telecomunicación e vogal da Xunta de Goberno do COETG, César Mariñas Dávila. Nel, explica conceptos como "identidade dixital" e "identidade soberana", e afonda na repercusión económica dos modelos de negocio que se xeran arredor do valor dos datos persoais.