Conferencia "Smart Cities e conectividade" - Inscríbete!

Conferencia "Smart Cities e conectividade" - Inscríbete!

Image removed.
Ás 11:30 horas no hotel AC Palacio do Carme de Santiago de Compostela celébrase a conferencia titulada “Smart Cities e conectividade”, a cargo do Director Xeral de Red.es, D. Borja Adsuara Varela, en representación da entidade encargada de impulsar o desenvolvemento da Sociedade da Información en España.

O evento é froito da colaboración entre o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), o Consello Territorial de AMETIC Galicia e a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), que xuntos, están a organizar este Encontro para o Sector TIC.

Tralo relatorio os asistentes poderán intercambiar opinións persoalmente co Sr. Adsuara, na rolda de preguntas que terá lugar posteriormente.

A participación é gratuíta. Para asistir deberán rexistrarse na páxina web da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) no enderezo http://www.apd.es, introducindo o código indicado no programa:

Descargar PDF