Convocada a I edición dos Premios Vodafone Connecting for Good Galicia
Vén de abrirse a I Edición dos premios Vodafone Connecting for Good Galicia. A iniciativa promovida por Fundación Vodafone España, ten como finalidade apoiar a emprendedores e PEMES de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia.
Nesta convocatoria, que conta co apoio da Xunta de Galicia, seleccionaranse o seis mellores proxectos de emprendimiento que pasarán a formar parte do Programa "Vodafone Connecting for Good Galicia" e gozarán dun lugar de traballo no espazo "Vodafone Connecting for Good" na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O prazo para a presentación de proxectos comezou o 5 de setembro de 2016 e finalizará o 30 de setembro de 2016.
Para máis Información sobre a convocatoria en Connecting for Good Galicia.