Dispoñible a gravación da sesión informativa sobre tendidos de alumeado no despregue de Fibra Óptica impartida o 20 de xullo
Para os que non a puideron seguir en directo, xa está dispoñible a xornada Boas prácticas na compartición de tendidos de alumeado no despregue de Fibra Óptica impartida por Javier Fernández Fraga o pasado día 20 de xullo. Esta sesión informativa celebrouse enmarcada nas actuacións a realizar pola AETG vinculadas á colaboración que temos coa Amtega para o fomento da sociedade da Información.
Accede ao vídeo: