Inícianse os trámites da futura Lei de Telecomunicacións de Galicia

Inícianse os trámites da futura Lei de Telecomunicacións de Galicia

O Goberno galego aprobou o pasado venres o proxecto de Lei de Impulso e Ordenación das Telecomunicacións de Galicia, o primeiro destas características na nosa comunidade e que obrigará á vivenda nova a dispor de instalacións TIC para avanzar na implantación do fogar dixital.

O texto, que será remitido ao Parlamento para a súa tramitación, proponse darlle aos servizos de telecomunicación o mesmo tratamento de servizo público que pode ter o acceso á subministración de auga corrente ou de electricidade, xa que unha das principais medidas recollidas na presente lei é o desenvolvemento dun Plan de ordenación das infraestruturas de telecomunicación de Galicia, que permitirá establecer os criterios que deberán seguir os concellos e a Xunta de Galicia na planificación do territorio e converter os servizos de telecomunicacións nun elemento máis de planificación urbanística. Con esta lei complementarase a estratexia estatal en materia de telecomunicacións para fomentar o investimento dos operadores e o despregamento de infraestruturas, favorecendo así ao espallamento da banda larga e mellorando as redes móbiles.