Investidura da Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
O venres 23 de abril celebrouse en Santiago de Compostela a Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
Trala convocatoria realizada conforme ao procedemento establecido nos estatutos da entidade, celebrouse a Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da AETG, na que os asociados que así o desexaron, exerceron o seu dereito ao voto. Unha vez concluído o período establecido pola xunta electoral procedeuse as escrutinio dos votos e, á vista do resultado procedeuse á investidura como candidatura lexitimamente elixida para formar a nova Xunta Directiva da AETG, a encabezada por Julio Sánchez Agrelo.
A lista completa da candidatura é a seguinte:
- Presidente: Julio José Sánchez Agrelo
- Vicepresidenta: María Edita de Lorenzo Rodríguez
- Secretario: Ricardo Fernández Fernández
- Vicesecretario: Antonio Santiago Torres López
- Tesoureiro: Fernando José Cendán Garrote
- Contador: Juan Redondo López
- Vogal: Ramón Rodríguez Enríquez
- Vogal: Luis Castedo Ribas
- Vogal: Justo Rodal Pérez
- Vogal: Francisco Javier Alcalá Navarro
- Vogal: Sara María Rodríguez Paz
- Vogal: María Pilar Villaverde Castro
- Vogal: Francisco Javier Laíño Colinas
- Vogal: José Miguel Gómez Apesteguía
- Reserva: Manuel Pozo Fariñas
- Reserva: José Manuel Ordóñez Suárez
- Reserva: Ignacio Penedo Nieto