Invitación ao encontro "Redescubriendo la Inteligencia Artificial" que se celebra o 16 de xuño en Santiago de Compostela
En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s interesados poderán asistir de balde ao encontro Redescubriendo la Inteligencia Artificial que terá lugar o 16 de xuño en Santiago de Compostela. O evento contará coa participación de Alberto Granados, presidente de Microsoft España e durante o mesmo trataranse temas de actualidade como o metaverso, ChatGPT e outras tendencias de impacto para as empresas.
Os asociad@s/colexiad@s interesados deberán enviar un mail a comunicacion@aetg.gal solicitando o código de invitación para poder facer directamente a inscripción gratuita ó evento.