IX Edición dos Premios Vodafone de Innovación en Telecomunicacións
O COETG recibiu invitación -que fai extensiva a todos os colexiad@s- por parte da entidade Vodafone España, para asistir ao acto de entrega da IX Edición dos Premios Vodafone de Innovación en Telecomunicacións, que terá lugar o martes día 1 de decembro ás 13.00 horas no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela e contará coa presenza do presidente de Vodafone España e da Fundación Vodafone España, Francisco Román e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
Os colexiados interesados en participar, deberán confirmar a asistencia tal e como se indica na invitación.