Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2013 - 25 de outubro

Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2013 - 25 de outubro

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) celebran a súa tradicional Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información o vindeiro venres 25 de outubro no Gran Hotel da Toxa (Pontevedra). Esta XVIII edición, estará dedicada ás TIC e a mellora da seguridade vial, con especial fincapé na innovación e a sostibilidade aplicadas á automoción baixo o lema "As TIC e a mellora da Seguridade Vial".

Image removed.Image removed.

Image removed.
Image removed.

A Noite reunirá como sempre a todo o sector TIC nunha gala na que estarán presentes preto de 300 profesionais e empresas e, como xa é tradición, no transcurso da mesma, farase entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2013. Este ano contaremos con destacados expertos das TIC, da automoción e doutros sectores relacionados. Así mesmo, contará co apoio dos máximos representantes institucionais de Galicia e co patrocinio das empresas máis importantes no eido das TIC e dos demais sectores implicados.

Como colexiad@/asociad@, dende o COETG-AETG animámoste a asistir a este foro aberto ao debate e a compartir connosco unha xornada de confraternización, na que ademais de ter a oportunidade de coñecer as últimas novidades relacionadas coa temática da Noite, poderás reencontrarte cos compañeiros da profesión nun marco inigualable como o da Illa da Toxa.

Máis Información