O COETG acompañou no seu Acto de Graduación á Promoción 2013 da EET

O COETG acompañou no seu Acto de Graduación á Promoción 2013 da EET

O vicedecano do COETG, Miguel Merino Gil, acompañou e deu a benvida ao mundo profesional aos graduados da 24º promoción da Escola de Enxeñería de Telecomunicación nun acto que tivo lugar o pasado venres no salón de actos da Escola en Vigo.

A apertura do tradicional Acto de Graduación correu a cargo de D. Salustiano Mato, Reitor da Universidade de Vigo. Nel interviron a Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Edita de Lorenzo; a Directora do Instituto de Investigación AtlantTIC, Nuria Glez. Prelcic; o Presidente de INEO, Jorge Cebreiros; o Director Xeral de GRADIANT, Fernándo Pérez; o Vicedecano do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Miguel Merino e o Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero. De todos recibiron verbas de ánimo, de ilusión e de apoio.

Como cada ano, o alumnado escolleu ao seu padriño, Martín López Nores de quen recibiron os recén garduados animos, consellos e apoio.

Posteriormente tivo lugar a intervención da representación do alumnado que deu paso a entrega de diplomas. O peche do Acto levouno a cabo Salustiano Mato.