O COETG e AETG estarán presentes na XVII edición do Foro Tecnolóxico de Emprego

O COETG e AETG estarán presentes na XVII edición do Foro Tecnolóxico de Emprego

Un ano máis e como vén sendo habitual, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia estarán presentes na XVII edición do Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo que este ano terá lugar do 8 ao 10 de marzo nas Escolas de Telecomunicacións, Minas e Industriais.

Vén e visítanos no noso stand e asiste á nosa conferencia!

Estaremos presentes cun stand expositivo no hall da Escola de Minas, onde, durante a duración do Foro, informarase "in situ" aos asistentes, das funcións e servizos que ofrecen o COETG e a AETG aos enxeñeiros de telecomunicación e se porá a disposición dos visitantes información do colexio e da asociación.

Ademáis, o venres día 10 ás 12 horas no salón de Graos da Escola de Telecomunicacións, terá lugar a impartición dunha conferencia baixo o título "Os proxectos de telecomunicación no ámbito local, autonómico e estatal. O Enxeñeiro de Telecomunicación e funcións do COETG e da AETG" na que Luisa Lombardero, responsable do Departamento Técnico da AETG, explicará as diferentes actuacións e proxectos de telecomunicación que levan a cabo os enxeñeiros de telecomunicación colexiados e asociados no ámbito lexislativo e normativo a nivel local, autonómico e estatal e das colaboracións e actuacións da AETG e do COETG coas diferentes administracións.

Máis Información en Foro Tecnolóxico de Emprego