O COETG informa ós seus colexiados dos supostos nos que se sustitúe a inspección previa ó uso do dominio público radioeléctrico por unha certificación expedida por un técnico competente
O pasado 9 de febreiro, publicouse no Boletín Oficial do Estado, a Resolución do 31 de xaneiro de 2013, da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, pola que se determinan os supostos nos que se sustitúe a inspección previa ó uso do dominio público radioeléctrico, de determinadas estacións radioeléctricas, por unha certificación expedida por un técnico competente.
O artigo 45.4 da Lei 32/2003, de 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións, establece como requisito previo á utilización do dominio público radioeléctrico, a superación satisfactoria da inspección ou recoñecemento das instalacións radioeléctricas, polos servizos da SETSI, permitindo que en algúns casos se puidese sustitútir dita inspección previa por unha certificación expedida por técnico competente en materia de telecomunicacións.
Esta Resolución deroga á anterior Resolución do 22 de maio de 2007 e amplía as situacións nas que se habilita dito procedemento sustitutivo.
Os aspectos mais destacados desta Resolución son:
- Ás estacións de tipo ER2 e ER4 definidas no Dispongo segundo a Orde CTE/23/2002, de 11 de xaneiro, súmanse agora as estacións de telefonía móbil e LMDS ubicadas en zonas non urbanas distintas das estacións tipo ER3 (as que se veñen denominando ER5).
- Increméntase ata 20 W a potencia para as estacións de TDT para as que se permite esta certificación sustitutiva.
- Mantense a certificación sustitutiva para as estación dos servizos fixo e Móbil en Autoprestación.
- As certificacións sustitutivas deberán incluir, cando corresponda, a certificación do cumprimento dos límites de emisión establecidos no Regulamento que establece condicións de protección do dominio público radioeléctrico, restriccións ás emisións radioeléctricas e medidas de protección sanitaria fronte a emisións radioelétricas, aprobadas polo Real Decreto 1066/2001, de 28 de setembro.
Esta modificación supón unha importante ampliación das posibilidades de actuación profesional para os enxeñeiros de telecomunicación.