O COETG invita aos colexiados a participar nas xornadas do Fondo Tecnolóxico co CDTI
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora con INEO na celebración do Workshop INEO: Fondo Tecnolóxico, xornada que terá lugar en Vigo e na Coruña e ten como obxectivo facilitar ás empresas a realización de entrevistas bilaterais con técnicos do CDTI co fin de estudar propostas de proxectos para a liña de axudas do Fondo Tecnolóxico. Se estás interesado nesta iniciativa, podes inscribirte nalgunha das dúas xornadas segundo o seguinte calendario:
Martes 11 de xuño – sede de CITEXVI (Fonte das Abelleiras, s/n – Campus Universitario - 36310 Vigo)
Xoves 13 de xuño – sede COETG (Juana de Vega, 4 – 1ºI – 15003 A Coruña)
Achéganse programas informativos e formulario Ficha do Proxecto así como a información para inscribirse.