O COETG invítate ao encontro "10 consellos para o 2013"

En virtude do acordo de colaboración entre O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir de forma gratuíta ó encontro "10 consellos para o 2013" que se celebrará o vindeiro 19 de marzo en Santiago de Compostela.

Entre os relatores estarán directivos empresariais como o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico; o presidente de Invertaresa, Roberto Díaz-Rincón; o conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera; o presidente executivo de Blusens, José Ramón García; o presidente de BVC Artai, Jaime Borrás; o delegado xeral en Galicia de Gas Natural Fenosa, Luis R. Díaz López; o presidente de Rodman, Manuel Rodríguez; o presidente do Grupo Nosa Terra XXI, José Silveira; e o presidente da Asociación Gallega de la Empresa Familiar, Emilio Pérez Nieto.

Programa completo e convidación

O asociad@/colexiad@ interesado poderá asistir previa inscrición segundo os pasos especificados na convidación axunta.