O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, colabora nunha nova edición do Tour Tecnolóxico @asLAN en Galicia
O vindeiro 19 de setembro arranca en A Coruña unha nova edición do Tour Tecnolóxico @asLAN e como en anos anteriores, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participará activamente no mesmo. O acto de apertura contará coa participación do noso Decano, Ramón Bermúdez de Castro e tamén contarase coa participación do noso Tesoureiro Fernando Cendán Garrote, no Coloquio – Debate: Estratexias, iniciativas e actuacións rexionais alineadas con Axenda Dixital para Europa.
Este ano o Tour celébrase baixo o título “Un mundo Cheo de oportunidades” e desenvolverase con foros que terán lugar en 5 cidades españolas: A Coruña, Barcelona, Sevilla, Valencia e Bilbao.
Como colaboradores os nosos colexiad@s poderán ter acceso ao Tour con dúas posibilidades de inscrición.
Estas son:
- Inscrición Gratuita. Inclúe: acceso ao Foro Tecnolóxico (aforo limitado), coffee break e activación de descargas de presentacións.
- Inscrición PLUS. 95 euros (os colegiados teñen un 50% de desconto sendo a inscrición total 190 euros). Inclúe acceso preferente e garantizado ao Foro Tecnolóxico, documentación impresa, acceso on-line a todas as presentacións impartidas durante o Tour Tecnolóxico, Coffee Break, almorzo (xunto con ponentes e outros asistentes) e Diploma de Asistencia. Nesta modalidade hai que indicar o Coloquio no que se está interesado en participar durante o almorzo.
A asistencia deberá formalizarse no seguinte enlace: Inscrición. Para calquera dúbida chamar á AETG/COETG: 986 465 235 ou 981 919 300.
O obxectivo deste evento é promover e difundir as principias tendencias tecnolóxicas no mundo IP: virtualización, seguridade, centros de datos…e converxencia dixital sobre a rede. Nos diferentes foros trataranse os contidos: redes de nova xeración - wireless LAN - mobilidade e BYOD - tecnoloxía para o data center- virtualizacións do posto de traballo - virtualización de servidores e aplicacións - Servizos e aplicacións cloud - seguridad en Cloud - comunicacións unificadas - video, videovixilancia e videoconferencia.