O MINETUR ampliou até o 31 de marzo o prazo máximo para a liberación do Dividendo Dixital
O Goberno aprobou ampliar o prazo de liberación do dividendo dixital máis aló do 31 de decembro 2014, até o 31 de marzo de 2015. Tamén estenderá o prazo de finalización das concesións para a tecnoloxía 4G e, por cada día transcorrido desde o 1 de xaneiro de 2015, compensarase coa extensión de 1,27 días do período de vixencia das concesións ás operadoras de telecomunicacións.
A proxección dos datos de evolución das adaptacións sinalan que ao finalizar o mes de marzo de 2015 as adaptacións alcanzarían o 81% dos edificios, 26% máis que na data inicialmente prevista. Así mesmo, pódese sinalar que tras esta data o 97% da poboación poderá seguir recibindo a oferta das principais canles de televisión.