O programa de Voluntariado Dixital, no que colabora o COETG, foi elixido pola Comisión Europea como exemplo de boa práctica de inclusión social

O programa de Voluntariado Dixital, no que colabora o COETG, foi elixido pola Comisión Europea como exemplo de boa práctica de inclusión social

O Programa de Voluntariado Dixital, iniciativa de loita contra a fenda dixital e no que o COETG participa activamente como entidade colaboradora, será obxecto dun seminario Peer Review a nivel europeo como exemplo de boa práctica en materia de inclusión social a través das TIC.

O Programa de Voluntariado Dixital foi posto en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, e ten como obxectivo “achegar as novas tecnoloxías á unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía, especialmente entre os colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade”.

A iniciativa suma a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas TIC e o aproveitamento das infraestruturas públicas para incrementar as accións de alfabetización dixital. Desde a súa posta en marcha, un total de 41 entidades de acción voluntaria, 14 organismos colaboradores e 23 empresas do sector tecnolóxico asinaron os protocolos de colaboración nos que se establece a súa participación no Programa de Voluntariado Dixital. A isto súmase a solidariedade de 220 persoas que se adheriron a iniciativa como voluntarios dixitais.

Mais Información sobre o Voluntariado Dixital