O puntoGAL podería ser unha realidade este verán

O puntoGAL podería ser unha realidade este verán

A candidatura puntoGAL, presentada pola Asociación homónima e da que a AETG forma parte, pode ver a luz este verán posto que nin o ICANN -o ente que goberna a Internet- nin ningún goberno ou administración local ou autonómica puxeron reparo algún.

O ICANN prevé avaliar as candidaturas recibidas antes de rematar o verán, e de superar a candidatura galega tal exame principiaríase un proceso que posibilitaría que a finais do presente ano ou a primeiros de 2014 Galicia poda gozar dun dominio .gal que permita identificar a nosa cultura e lingua na rede.

O proceso iniciouse no verán de 2006, cando a promotora do puntoGAL conformouse por representantes da Asociación de Editores de Galicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a Asociación Fillos de Galicia (fillos.org), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consello da Xuventude de Galicia, as Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), Galicia Hoxe, Idesga-Galego 21, ISOC-Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega e Vieiros. E Hoxe en día contase co apoio de máis de 110 institucións de todos os espectros sociais e máis de 13.700 cidadáns.

Sobre puntoGAL