Participa na xornada "O uso das redes sociais e a web 2.0 nas organizacións sociais"
En virtude da colaboración do COETG no Programa de Voluntariado Dixital posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Traballo e Benestar, os colexiad@s interesad@s poderán asistir gratuitamente á Xornada "O uso das redes sociais e a web 2.0 nas organizacións sociais".
Esta xornada terá lugar o 27 de novembro en Santiago de Compostela desde as 10:00 horas ata as 13:00 horas, no salón 103 do Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Cidade da Cultura.
Os colexiad@s que desexen asistir poden inscribirse mandando un correo electrónico a administracion@coetg.es.