Participa no proxecto WAYRA a traveso do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia - Ampliación de prazo
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ofrece aos seus colexiad@s a posibilidade de presentar unha idea innovadora propia, ante o proxecto WAYRA de apoio ao emprendemento e as start-up que promove Telefónica nos diferentes países de América e Europa onde está implantada.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -AMTEGA- da Xunta de Galicia, celebra o vindeiro 3 de outubro no Centro Demostrador das TIC en Santiago de Compostela, unha xornada na que se contempla a realización de entrevistas persoais cos autores dos proxectos seleccionados, para que os expertos do proxecto WAYRA poidan coñecer as ideas innovadoras e ao tempo poidan orientar aos emprendedores no avance dos seus proxectos e sobre as posibilidades de entrar na plataforma WAYRA.
Os colexiad@s interesados en participar, deberán remitir o seu proxecto por mail a administracion@coetg.es antes do día 27 de setembro ás 14.00 horas. O COETG realizará unha preselección entre todas as propostas recibidas, na que se terá en conta principalmente que o proxecto estea enfocado a unha realidade empresarial.