Presentación da convocatoria "Fábrica intelixente e sostible"

Presentación da convocatoria "Fábrica intelixente e sostible"

O vindeiro 6 de xullo, ás 11 da mañá, a Axencia Galega de Innovación organiza unha xornada de presentación da nova convocatoria de "Fábrica intelixente e sostible" en Santiago de Compostela. Durante o evento farase unha descrición do programa e das novidades nesta convocatoria e presentaranse os casos de éxito de Finsa, Benteler e Estrella Galicia. Tamén se dará resposta ás posibles dúbidas que poidan xurdir sobre a convocatoria.

Máis información e inscrición