Santiago de Compostela acolle a III edición do Congreso Cidades Dixitais

Santiago de Compostela acolle a III edición do Congreso Cidades Dixitais

En virtude do acordo de colaboración con INEO, @s asociad@s e colexiad@s están convidados a asistir á III edición do Congreso Cidades Dixitais que terá lugar o 21 e 22 de abril en Santiago de Compostela.

O congreso, organizado por CONETIC e adicado a tecnoloxía aplicada a un novo concepto de sociedade, renova con esta convocatoria o compromiso adquirido en anteriores edicións de pór o coñecemento e as capacidades das empresas do sector TEIC ao servizo das cidades e comunidades, ofrecendo os "avances Smart" que se rexen baixo os principios de desenvolvemento sustentable, innovación tecnolóxica e eficiencia na xestión, e sempre nunha contorna de colaboración.

A inscrición ao Congreso é gratuíta e deberá facerse a traveso do formulario correspondente que se pode atopar na web informativa do congreso Cidades Dixitais

Formulario de inscrición