"Tecnología para las personas" por Sara Rodríguez Paz

"Tecnología para las personas" por Sara Rodríguez Paz

Onte día 15 de xullo na sección Mercados de La Voz de Galicia, publicouse o artigo da nosa compañeira Sara Rodríguez Paz sobre as novas tecnoloxías e o potencial galego no ámbito asitencial. Asegura que no ano 2025, máis dun terzo dos postos de traballo en Europa estarán relacionados coa demanda das persoas maiores. Á vista deste escenario, Galicia, que vive hoxe o que outros países da nosa contorna verán nuns anos, pode e debe achegar a súa experiencia para desenvolver tecnoloxías e servizos asociados a unha estrutura demográfica envellecida. É a denominada economía de prata, un dos nichos de mercado con maior potencial de cara ao futuro próximo.

Con certa periodicidade teñen cabida neste xornal, artigos de diferentes autores, enxeñeiros de telecomunicación colexiados/asociados, coa finalidade de dar continuidade ás iniciativas coas que dende o COETG e a AETG se pretende sensibilizar aos lectores sobre a importancia das TIC para o progreso da sociedade e dar a coñecer a profesión do enxeñeiro de telecomunicación dende unha perspectiva máis cercana.

Accede á publicación