Visita co COETG e AETG as instalacións da CRTVG

Visita co COETG e AETG as instalacións da CRTVG

Para conmemorar o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2014, o COETG e AETG realizará unha visita á Compañía de Radio-Televisión de Galicia, a CRTVG, na que poderán participar @s colexiad@s/asociad@s interesad@s.

Este acto, terá lugar o xoves día 8 de maio ás 17.00 horas, e consistirá na realización dun percorrido polas instalacións da CRTVG acompañados por persoal da dirección de enxeñaría, que amosarán e explicarán o funcionamento dos equipos de telecomunicación destes dous medios de difusión da nosa lingua e cultura.

O colexiad@/asociad@ interesado na visita deberá enviar un mail a aetg@aetg.org ata o día 6 de maio, indicando o seu nome completo, DNI, enderezo electrónico e teléfono de contacto.

Información sobre a CRTVG