Visita ás instalacións de Navantia Ferrol
De interese para asociados/colexiados
Como continuación das actividades de carácter tecnolóxico que organizamos periodicamente dende a Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para os nosos asociados/colexiados, informamos da próxima visita ás instalacións de Navantia Ferrol que terá lugar o mércores día 16 de novembro de 16.30 a 18.30 horas, segundo o seguinte programa:
PROGRAMA:
16.30 h. Chegada ó edificio de Dirección Ferrol. Foto oficial
16.35 h. Presentación na maqueta
16.45 h. Presentación Corporativa e Programas (actuais e futuros) e particularidades das construcións militares.
17.15 h. Vestir EPI’s (equipo de protección individual) e visita ás instalacións
18.30 h. Desvestir EPI’s. Fin da visita
Se eres asociado/colexiado e estás interesado na visita contacta con nós enviando un mail a comunicacion@aetg.gal antes do día 11 de novembro, indicando o teu nome completo, DNI, enderezo electrónico, teléfono de contacto e número de calzado. O número de prazas é limitado e iranse cubrindo por orde de inscrición.