Xornada "Casos prácticos de tramitación de infraestruturas de telecomunicacións nos concellos"
De interese para asociados/colexiados e persoal da Administración Local
Hoxe 15 de novembro impártese por parte da AETG a presentación “Casos prácticos de tramitación de infraestruturas de telecomunicacións nos concellos” no Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela, que tamén será retransmitida por videoconferencia nas aulas Cemit dos concellos de Abegondo, Ames, Betanzos, Beariz, Brión, Celanova, Cerceda, Foz, Leiro, Monforte, Narón, Noia, Oroso, Ortigueira, Ourense, Santa Comba, Tomiño e Vimianzo.
Esta xornada está orientada principalmente ao persoal municipal con competencias no ordenamento urbanístico das infraestruturas de telecomunicacións e celébrase en base ao convenio asinado entre a AETG e a AMTEGA no que, entre outras actuacións, recolle o servizo de asesoramento a concellos por parte da AETG en materia de despregue de infraestruturas de telecomunicacións.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) asinaron este acordo o 31 de marzo de 2016, renovando así un ano máis a colaboración que ambas entidades veñen mantendo nos últimos anos.
Presentación Guía Casos Prácticos Tramitación Infraestruturas Telecomunicacións
Máis información sobre Oficina Concellos AETG