Xornada de Networking, punto de encontro entre profesionais

Xornada de Networking, punto de encontro entre profesionais

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ofrece a posibilidade aos colexiados de asistir á Xornada de Networking organizada polo Clúster Audiovisual Galego, o Clúster TIC Galicia e Eganet. Esta xornada pretende ser un punto de encontro entre as entidades integradas nas citadas organizacións (polo tanto teñen acceso os colexiados do COETG, como membro este do Clúster TIC Galicia) co obxectivo de fomentar a posta en marcha posibles actuacións de negocio conxuntas entre as entidades asistentes.

A Xornada terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro xoves día 31 de maio en horario de mañá.

Para máis información accede ao Programa

Os interesados en formalizar a inscrición deberán enviar o Impreso ao enderezo indicado no propio documento con copia a administracion@coetg.es