Xornada de presentación da Guía de boas prácticas para o Despregamento das Infrestruturas de Telecomunicación
Recentemente asinouse un Convenio entre a Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a posta en marcha dunha serie de actuacións para o fomento da Sociedade da Información, entre as que destaca o impulso ás infraestruturas de telecomunicacións en Galicia.
Para tal fin, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia elaborou un documento baixo o título Guía de boas prácticas para o Despregamento das Infraestruturas de Telecomunicación, que analiza o novo escenario lexislativo no eido das telecomunicacións e aporta unha visión práctica do despregamento destas infraestruturas dirixida aos técnicos dos concellos e demais axentes implicados.
O vindeiro mércores día 6 de novembro ás 10.00 horas, terá lugar no Salón 177 do edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a presentación desta Guía práctica. Neste acto, celebrarase una xornada práctica na que se darán recomendacións para a tramitación administrativa das novas infraestruturas de telecomunicación, dirixida principalmente aos diferentes profesionais implicados e entregarase a todos os asistentes un exemplar da Guía en formato dixital.