Xornada "A Smart, Blue Horizon 2020"
Informamos da Xornada "A Smart, Blue Horizon 2020" que terá lugar o día 10 de decembro no paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, na que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia estará presente a traveso da participación do Decano, D. Ramón Bermúdez de Castro, nunha das mesas de debate.
Enmarcada na serie de actividades divulgativas ligadas ao novo programa H2020, esta xornada abordará as novidades máis relevantes do H2020 e outros programas internacionais para entidades interesadas en proxectos colaborativos, con especial énfase nas temáticas Blue Growth e Smart Cities and Communities.
Para máis información e inscrición na xornada accede ao seguinte enlace Xornada "A Smart, Blue Horizon 2020"